CRTVG

Buscar

Volve o Turismo á Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio da Humanidade

Publicado o 24/06/2020 15:23

Sol, boa temperatura e o barco á metade da capacidade para maior seguridade. Subir ao catamarán e facer turismo pola Ribeira Sacra é o plan perfecto para hoxe.

Os visitantes quedan impresionados da paisaxe e do traballo do home para modificala. Os socalcos esculpidos nas ladeiras destes canóns fan desta unha viticultura heroica. É un patrimonio histórico e etnográfico enorme, e non é o único tesouro deste territorio. Tamén poden presumir da maior concentración de arte románica rural de Europa.

E por iso esta é unha visita difícil de esquecer e fácil de repetir, aseguraron os turistas que se achegaron hoxe ata aquí. A Ribeira Sacra ten 180 quilómetros cadrados protexidos como Ben de Interese Cultural, e agora a gran aposta deste territorio é que a Unesco o recoñeza como Patrimonio Mundial da Humanidade en 2021.

Noticias web

24/06/2020