CRTVG

Buscar

Volve o teatro á Coruña

Publicado o 18/06/2020 22:24

Entre bambolinas parece que nada pasara. O mesmo ritual, o mesmo formigo, a mesma intención... Pero pasou, pasaron tres meses e medio. E as ganas non son as mesmas, son maiores.

Dicía Chaplin que "a vida é unha obra de teatro que non permite ensaios". A nova vida con coronavirus fixo que este que ven sexa un ensaio especial, histórico. Mañá e o sábado volve o teatro ao Rosalía da Coruña. Volve cun público reducido, 120 butacas das 712 dispoñibles. Famento de emoción, esgotou entradas para o primeiro día. O reencontro será cun de tantos Romeos e Xulietas do século XXI. Paradoxos da vida, sobre as táboas, unha parella que necesitaría un confinamento para o amor.

Houbo, hai e haberá. Quedan poucas horas na Coruña para dicir iso de "que comece a función". Non queda nada para levantar o pano definitivamente!















 

Noticias web

18/06/2020