CRTVG

Buscar

Volve o público ao deporte non profesional

Publicado o 25/02/2021 21:16

Boas novas para os afeccionados que gustan do deporte ao vivo. Esta fin de semana poderá haber público nos estadios e pavillóns.

A medida publicada hoxe no DOG afecta o deporte non profesional. Cun máximo do 30 por cento da capacidade dos recintos, poderá haber espectadores tanto en espazos abertos, ata as 500 persoas, como en pavillóns pechados, neste caso a acollida máxima será de 250 persoas. A flexibilización das restricións entra en vigor xa esta fin de semana.

 

Noticias web

25/02/2021