CRTVG

Buscar

Volve o derbi galego na liga feminina de balonmán

Publicado o 16/09/2021 20:01

Tras dúas temporadas sen disputarse, volve o derbi galego na liga feminina de balonmán. Guardés-Porriño. Os dous equipos chegan a este primeiro duelo de rivalidade con sensacións positivas tras estreárense na liga con cadansúa vitoria. Guardés e Porriño xa se enfrontaron na pretemporada, con triunfo das de Isma Martínez na Supercopa de Galicia. Desta volta xogan na Sangriña. O Guardés quere o desquite ante a súa afección; o Porriño aspira a repetir triunfo. O desenlace, este sábado ás oito da tarde pola G2.

Noticias web

16/09/2021