CRTVG

Buscar

Un documental sobre Michael Jackson acúsao de abusos sexuais a menores

Publicado o 05/03/2019 16:51

Dez anos despois da súa morte, o 'rei do pop' volve estar no medio da polémica. O motivo, a estrea do documental Leaving Neverland, no cal os dous protagonistas denuncian a Michael Jackson por abusar sexualmente deles, supostamente, cando eran menores de idade, no seu famoso rancho de Neverland. Os fans e a familia desacreditan estas denuncias, e na rúa as opinións son diversas.

Aínda que no eido persoal o escándalo está enriba da mesa, como artista os expertos coinciden no fenómeno que supuxo para a música, valorado tamén polos seus millóns de fans que o converteron no artista con máis discos vendidos despois de morto.

O cantante xa se enfrontara a dous xuízos por abusos. O primeiro, no 93, cando chegou a un acordo económico co denunciante, e o segundo no 2005, cando foi declarado inocente.

Noticias web

05/03/2019