Miguel e as baixas temperaturas deixan folerpas en Manzaneda
Publicado o 07/06/2019 14:43
Había que mirar cara ao alto na estación de montaña de Manzaneda. Pero aí estaba: a neve chegou esta noite os cumios máis altos. Foron apenas unha folerpas que non acadaron o centímetro de espesor.
Veu a borrasca Miguel deixando consigo vento e chuvia. Pero, sen dúbida, o máis evidente e salientable, especialmente no interior, foi o brusco descenso das temperaturas.
Con todo, semella que a este inverno sorprendente que conseguiu coarse na primavera xa lle queda pouco de cara a fin de semana.
Toca logo abrigarse algo máis da conta para o normal nun mes de xuño. Pero, segundo apuntan, notarase unha leve melloría pasiño a pasiño ata o vindeiro domingo.