CRTVG

Buscar

Volve A Lei de Santos este domingo á Televisión de Galicia

Publicado o 18/09/2021 12:54

Volve á Televisión de Galicia o delincuente máis atrevido da historia, volve Santos. Hai que ir un pouco atrás no tempo para coñecer a Mario Piñeiro. Logo de moito tempo sementando o caos en Serramoura estableceuse por libre na súa vila natal, onde comezou a facer das súas, impoñendo A lei de Santos.

A serie, na súa primeira temporada, foi vista por case medio millón de espectadores, o que significa que case un vinte por cento dos galegos acompañou a Santos nos seus delitos. Tanto foi o cariño, que a audiencia demostroulle a Santos que tiña que volver.

Pois xa está de volta. Para gozar co primeiro capítulo da segunda temporada de A Lei de Santos e seguir as súas aventuras, atentos mañá pola noite á Televisión de Galicia a partir das 23:00 horas.

Noticias web

18/09/2021