CRTVG

Buscar

Volve celebrarse a feira do gando de Muras tras a parada por mor da covid

Publicado o 26/09/2021 13:55

Tras a parada obrigada a causa da covid, volveuse celebrar a feira tradicional do gando de Muras. Non houbo tanto movemento coma noutras edicións. Entre tratantes e gandeiros houbo 25 persoas inscritas. En canto ao gando, entre equino e vacún, xuntáronse uns 300 animais. Segundo conta o alcalde do municipio, Manuel Requeijo, xusto a metade ca en 2019.

Os tratantes non estaban moi optimistas coas vendas. Comentáronnos que o prezo de cada animal é, de media, 200 euros menor que hai dous anos. Segundo pasaba a mañá, cada vez foi vindo máis público. Porén, para evitar aglomeracións, este ano non se celebraron concursos.

Noticias web

26/09/2021