CRTVG

Buscar

Volve a chuvia a Galicia e causa problemas nas provincias da Coruña e Lugo

Publicado o 12/08/2020 21:19

Volveu a chuvia a Galicia. E con tanta intensidade que causou problemas en varios puntos das provincias da Coruña e de Lugo. Os datos indican que choveu máis nas últimas horas que nos últimos tras meses. Onde máis, en Bergondo, Vilalba e en Narón, que superaron os tres os 80 litros por metro cadrado. 

Había falta de auga. Pero caeu tanta en tan pouco tempo que houbo asolagamentos en aparcadoiros, en terrazas e caeron árbores mesmo no centro da cidade da Coruña. Os servizos de emerxencia víronse por momentos desbordados.

Edurardo García, sarxento dos bombeiros da Coruña: "Problemas de atascos, canalóns, fachadas, cubertas e terrazas"

Houbo problemas tamén nas estradas. Velaquí este accidente dunha ambulancia que emborcou en Malpica cando trasladaba un doente. As provincias da Coruña e de Lugo foron as máis afectadas. Nesta última houbo complicaciónsna Mariña. En Barreiros a auga entrou nas casas e obrigou a cortar por momentos algunha estrada.

Ana Hermida, alcaldesa de Barreiros: "Hai unha cantidade importante de auga e non sabemos como está o firme debaixo, ata que vaia evacuando esa auga así estancada vai permanecer pechada por seguridade".

En moitos puntos, a forza da auga causou desprendementos sobre as estradas, coma este, en Mondoñedo.

O tempo foi mellorando co avance do día. Pero deixounos un titular: choveu nunhas horas o que non choveu en tres meses.

Noticias web

12/08/2020