CRTVG

Buscar

Volve a choiva a Galicia tras varias xornadas de tempo solleiro

Publicado o 24/02/2021 15:20

A chuvia volve a Galicia tras un par de días de tregua. En lugares como Ourense, o tempo este mércores aínda é solleiro e as temperaturas roldan os 20 graos.

Porén, a xornada primaveral vai deixar paso de novo á borrasca.  A auga entrará pola costa atlántica e irá estendéndose por toda Galicia de cara á noite. O litoral está en aviso amarelo ou laranxa, dependendo da zona, por fortes ventos e ondas que poden superar os 5 metros.

O problema da chuvia forte atopámolo nos ríos. Durante as xornadas de tregua baixaron o nivel, pero seguen moi altos. No que levamos de ano hidrolóxico, na conca Miño-Sil choveu un 15  por cento máis do habitual.

Noticias web

24/02/2021