Volve a calma á residencia de Sarria libre da covid e cos internos xa vacinados
Nélida e Sagrario fixéronse moi amigas na residencia de Sarria na que conviven dende hai anos. A súa cotidianidade transcorría ben tranquila ata que o cornavirus entrou nesta residencia. Con todo tiveron pouco medo.
Agora todos están relaxados, pero veñen de pasar un ano practicamente pechados, e un mes de febreiro terrible, cando a covid entrou no centro.
Había 90 internos e a covid levou a dez. De feito estímase que só tres dos interos non se contaxiaron
Agora todos os internos están vacinados agás dous que non quixeron. O caso está na Fiscalía.
O director aínda lembra a impotencia e a xenreira que sentiron cando o coronavirus entrou no centro
Dende que se vacinaron todos están máis tranquilos, protexidos, e réstanlle importancia aos efectos secundarios da vacina
Presta velos rirse de novo, de novo tranquilos e desfrutando das tardes de sol malia que, polo de agora, neste centro prefiren que os seus internos aínda non saian fóra