Volve a Asobal co reto da permanencia para o Cangas
Publicado o 06/02/2020 14:49
Situación límite para o Cangas como nas últimas temporadas. Con pouca marxe de erro pero con fe e algún sorriso dun líder na pista que ten 40 anos.
É o único equipo galego na Asobal pero é o penúltimo clasificado. Está a catro puntos da salvación, a catro do Benidorn, Puente Genil, Cantabria e Guadalaxara.
A permanencia será un reto para o Frigoríficos. Só gañou 2 encontros na primeira volta e precisa un mínimo de 5 na segunda.