CRTVG

Buscar

Volve a actividade social aos museos galegos

Publicado o 28/05/2020 20:21

Todo está a punto no Museo do Mar para a apertura da mostra do pintor Nelson Villalobos, a primeira novidade desde que o recinto vigués abriu as súas portas ao público, hai uns días. A desescalada permitiu tamén recuperar todo o recinto exterior como un dos lugares de paseo favoritos dos vigueses. Co regreso do Centro Galego de Arte Contemporánea volveron tamén a tenda e maila cafetería e a oportunidade de rescatar a programación que quedou suspendida polo confinamento, como esta exposición de Antón Patiño, agora, con novas medidas de seguridade.

A quenda do Museo de Arte Contemporánea de Vigo chegará o vindeiro martes, 2 de xuño. Un par de semanas antes, entrou en funcionamento a terraza, un punto de encontro habitual xa que é unha das poucas dispoñibles na rúa Príncipe. E desde este luns o seu restaurante ofrece servizo en sala ao 50% da súa cabida. O único que falta é o público do museo.

Os museos seguen planificando o futuro no entanto as actividades seguen limitadas á esfera dixital. Será na terceira fase cando se permitirán as accións grupais e a cabida se amplíe do 30% actual á metade da capacidade.

Noticias web

28/05/2020