CRTVG

Buscar

Volve a actividade cultural a Santiago da man de Sarabela Teatro

Publicado o 20/02/2021 21:55

A actividade cultural presencial volve a Santiago tras levantarse parte das restricións que viviu a cidade nas últimas semanas debido á pandemia.
Xa nesta fin de semana, o Teatro Principal ergueu o pano e o público volveu ocupar as butacas. Iso si, cun aforo limitado ao 30 por cento. A compañía Sarabela Teatro representaba esta noite a adaptación teatral da novela "A lingua das bolboretas", de Manuel Rivas.
Con esta obra a compañía compostelá celebra catro décadas sobre as táboas.


 

Noticias web

20/02/2021