CRTVG

Buscar

Volve a actividade a Vulcano tras cinco meses de parada

Publicado o 25/03/2019 20:11
Volve a actividade a Vulcano tras cinco meses de parada

Os traballadores de Vulcano volven hoxe a trabllar tras cinco meses de inactividade por mor de impagos por parte da dirección. Un total de 50 traballadores iniciaron os labores de limpeza do transbordador que Vulcano constrúe para a Naviera Armas e a semana vindeira está previsto que estean traballando 150 operarios. O barco podería estar listo para o 28 de maio.

Os traballadores cobrarán o 1 de abril tres nóminas, as de setembro, outubro e marzo. O resto deberían percibilas unha vez estea rematado o Villa de Teror. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2019