CRTVG

Buscar

Volve a actividade a algunhas academias de baile

Publicado o 02/06/2020 16:20

Algunhas academias rexeitan abrir nas circunstancias actuais. Nesta escola teñen moitas ganas de retomar a actividade, de ver os alumnos, de bailar...

Miguel Abreu, director técnico do club de baile deportivo Pasos Baile Galicia: "Temos discusións para saber cal é a maneira máis axeitada. O uso de máscaras non é moi viable. Igual para empezar pode facerse, pero é duro".

Cren que outro tipo de actividades deportivas teñen menos esixencias.

Miguel Abreu, drector técnico do club de baile deportivo Pasos Baile Galicia: "Vemos que hai moitas actividades que se fan case con total normalidade. Non sei porque uns tanto e outros tan pouco. Nós estamos totalmente esquecidos".

Ademais, calculan que agora só volverían ás clases arredor de 3 de cada 10 alumnos.

 

Noticias web

02/06/2020