CRTVG

Buscar

Voluntarios desinfectan as rúas de Ourense con artefactos caseiros

Publicado o 21/04/2020 21:35

Este é o artefacto que inventaron os veciños do barrio ourensán da Carballeira para desinfectar as súas rúas e portais. Unha mostra de imaxinación e reciclaxe. Empregan un carro da compra para facilitar o traslado e levan a lixivia, mesturada con auga, nun depósito dos que habitualmente se empregan para o viño.

Todo empezou como adoitan empezar estas cousas. Un veciño tivo a idea e imaxinou como levala á práctica.

A el, fóronse sumando outros. Uns, doando a lixivia en puntos de recollida. E outros, co seu traballo voluntario. Organízanse por turnos e por zonas. As rúas máis empinadas, sulfátanse con mochilas.

O concello tamén desinfecta. Isto fano os veciños, din, para contribuír.

300 litros diarios de auga con lixivia descargan só con esta máquina, á que hai que sumar nove mochilas que fan tres pasadas diarias. Nunca a Carballeira estivo tan desinfectada.

 

Noticias web

21/04/2020