Voluntarios de todas as idades participan nunha limpeza de praias organizada por ADEGA
Publicado o 15/10/2021 14:31
Para un grupo de alumnos do CEIP Santa Baia de Boiro a deste venres foi unha xornada diferente. O seu centro escolar está moi preto da praia de Barraña, que por unhas horas se converteu na súa aula.
Canda eles, esta limpeza realízase de xeito simultáneo noutros moitos areais das provincias de Pontevedra e da Coruña. Unha iniciativa de ADEGA que este ano chega á súa décima edición. Residuos que incluso causan sorpresa entre os pequenos.
Unha lección in situ da que extraen e trasladan unha mensaxe para a sociedade. "Temos que recoller todo e non tiralo a mar porque se non contaminamos o mar. Collémolo nunha bolsa e tirámolo ao lixo", aseguraban tras esta lección.