Voluntarios contra o lume en Gondomar
Publicado o 17/09/2020 13:23
Cada día por un camiño e sempre co chaleco marelo, os voluntarios ambientais de Gondomar patrullan os montes e están convencidos de exercer un gran labor disuasor. Naceron desde o ámbito municipal pero agora funcionan de xeito independente.
Con estas vixilancias preventivas tamén evitan que a xente bote lixo no monte. As patrullas fanse sobre todo en tempo de calor, pero a comunidade de montes de Couso estende a vixilancia dos montes todo o ano.
Os voluntarios non pretenden facer un labor policial, só disuadir, alertar e tomar fotos ou matrículas no caso de ver situacións estrañas. Polo de agora o obxectivo dos chalecos marelos está cumprido en Gondomar, por iso animan a que os copien noutros concellos galegos.