CRTVG

Buscar

Volta ao cole con controversia entre os socios do Goberno e entre as comunidades

Publicado o 26/08/2020 09:32

A volta ao colexio deixa un novo desencontro entre os socios do Goberno. Unidas Podemos recoñece discrepancias co plan que defende Isabel Celaá e acusa a ministra de Educación de falta de liderado. Defende unha baixada da ratio e pide diálogo coas comunidades nun inicio de curso que Sánchez defende.

"Imos facer dos centros educativos centro seguros, moito máis seguros, por exemplo, ca un parque infantil", mantén o presidente do Goberno.

Non hai unanimidade sobre como afrontar a apertura dos centros. Madrid cambia datas e atrasa a volta ás aulas por idades. Andalucía e A Rioxa contemplan as quendas de tarde. Todos están pendentes da xuntanza de mañá, entre Goberno e comunidades.

O presidente da Junta de Estremadura, Guillermo Fernández Vara dixo, que "hai que intentar que da xuntanza do xoves 27 saia un grande acordo do sistema educativo español e do sistema sanitario español para a volta a clase nas próximas semanas con criterios definidos. E facelo desde a prudencia, desde o diálogo e desde a seguridade".

En Galicia mantense o día 10 para o iniico do curso en infantil e primaria, pero a conselleira de Educación non descarta que poida haber atrasos nalgunhas zonas pola incidencia do virus.

"Nun inico, se as circunstancias o permiten, as clases serán presenciais e empezarán a andar ese día 10 de setembro", asegurou Carmen Pomar.


 

Noticias web

26/08/2020