CRTVG

Buscar

A busca dos corpos dos turistas desaparecidos en Nova Zelandia, á espera do cesamento da erupción

Publicado o 11/12/2019 09:59

O aumento da actividade do volcán Whakaari levou as autoridades de Nova Zelandia a paralizar a recuperación dos oito cadáveres que, supostamente, permanecen cubertos de cinza.

Desde a policía neozelandesa explicaron que a prioridade é a busca dos corpos, pero que non se pode poñer en perigo a vida do persoal de rescate.

Polo de agora, está confirmado que morreron seis persoas e non hai esperanza de encontrar vivas as oito desaparecidas. 

 

Noticias web

11/12/2019