CRTVG

Buscar

Voces escolares inundan Navantia para celebrar as Letras Galegas

Publicado o 11/05/2017 14:11

Nin martelos nin sopretes, o que se escoitou hoxe nos estaleiros de Navantia foi a voz de mil escolares ferroláns cantando a coro o tema 'Chea de vida', de Guadi Galego

Nin martelos nin sopretes. O que se escoitou hoxe nos estaleiros de Navantia foi a voz de mil escolares ferroláns cantando a coro o tema "Chea de Vida", de Guadi Galego. Unha actividade para fomentar a integración entre o alumnado que vai quedar inmortalizada nun vídeo para celebrar o día das Letras Galegas.

Tan cheos de vida como a canción que interpretan. Un milleiro de escolares de 17 colexios de Ferrolterra xuntáronse no estaleiro de Navantia para cantar en coro este canto optimista de amor á terra. 

Nervos e entusiasmo no ensaio final de hoxe, despois dun mes e medio traballando por separado en cada escola. A iniciativa, organizada polo centro de formación e recursos de Ferrol, promove os coros escolares como actividade integradora. 
O video da actuación colgarase nas redes o 17 de maio, para celebrar o Día das Letras e fomentar o canto coral como ferramenta educativa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2017