CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Voces discordantes no Goberno catalán ante unha posible declaración unilateral de independencia

Publicado o 06/10/2017 14:52

O conselleiro de Empresa catalán, Santi Vila, chama á serenidade, ao diálogo. Fíxoo onte neste artigo asinado por el e hoxe, nunha entrevista, insiste na mesma idea. Invita aos gobernos central e catalán a evitar decisións 'irreparables'.

É o primeiro membro do executivo catalán que cuestiona que o Parlamento autonómico faga unha declaración unilateral de independencia de xeito inmediato.
O conselleiro do Interior, Joaquim Forn, asegura que isto non o afasta da estratexia do Goberno de Puigdemont.

Sobre a posible declaración unilateral de independencia, o vicepresidente, Oriol Junqueras, di que actuarán de xeito 'responsable'.

Puigdemont pediu comparecer o martes no Parlamento catalán para explicar a 'situación política actual'. Isto substituiría a intervención no pleno do luns que acordou a Mesa e que foi suspendida polo Tribunal Constitucional.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí