CRTVG

Buscar

Putin confirma que se presentará ás presidenciais de marzo

Publicado o 07/12/2017 09:47

Vladimir Putin anunciou onte á tarde que volverá presentarse á reelección nas presidenciais que se celebrarán en marzo. Putin decidiu acabar coa incerteza durante un mitin-concerto nunha fábrica de coches do oeste de Rusia. No poder dende o 2000, é a cuarta vez que Putin se presenta a unhas presidenciais. Cunha popularidade do 80% e a ausencia dunha oposición forte, ninguén dubida que seguirá como xefe do Kremlin outros seis anos máis. Putin aproveitou a ocasión para anunciar a derrota total do Estado Islámico en Siria.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017