CRTVG

Buscar

Vivir o confinamento nun poboado

Publicado o 01/04/2020 20:49

No poboado da Fontela, en Maside, o tempo vai paseniño estes días. Aquí viven 29 familias, case todo xente nova, que se dedica fundamentalmente á recollida e venda de chatarra. A alerta paralizouno todo, tamén o seu xeito de traballar. Din que non saben que os agarda nas vindeiras semanas.

Os escasos cen metros desta rúa son estes días a súa única saída ao exterior. Moitos no poboado están de loito, así que a que fala hoxe en nome de todos é María, a muller do patriarca. Conta que, polo de agora, o virus aquí non chegou.

Din que están a pasar por unha situación apurada e que a axuda municipal que reciben non é dabondo. Dende o Concello piden paciencia, apuntan que hai case un cento de familias en Maside que precisan axuda estes días, que vai chegando aos poucos conforme as súas necesidades, e que ninguén deixará de estar atendido.

Noticias web

01/04/2020