Cales son os núcleos de máis de 5.000 habitantes segundo o IGE? Compróbao aquí

A partir deste venres nos núcleos de poboación separados de menos de 5.000 veciños poderase saír sen limitación horaria. Así o anunciou o presidente da Xunta na súa conta oficial de Twitter.
Será o Goberno galego o que decida que se considera un núcleo de máis de 5.000 habitantes, pero no Instituto Galego de Estatística xa hai dispoñible unha relación de núcleos que superan esa poboación.
Así, en Galicia hai 46 núcleos de máis de 5.000 habitantes distribuídos en 44 concellos. E é que hai dous municipios que teñen dous núcleos desas características.
· Ames: O Milladoiro e Bertamiráns
· A Coruña: A Coruña e Mesoiro
Así pois, os núcleos rurais dos concellos de máis de 5.000 habitantes tamén teñen dereito a saír sen límites horarios.
Que non haxa restrición de horarios non significa que non haxa que respectar outras regras. Cada pai pode saír cun máximo de 3 nenos e para practicar deporte cómpre ir só.
Velaquí a relación ordenada destes núcleos.
E cales son os núcleos que teñen menos de 5.000 habitantes? Velaquí a listaxe, excluíndo os que teñen menos de 100 habitantes para consultalos con máis facilidade.