Viveiro segue atraendo os turistas, pese a suspensión da Semana Santa
Publicado o 03/04/2021 18:50
Este ano non hai procesións, pero Viveiro segue atraendo aos visitantes. Os hoteis teñen o cartel de cheo total estes días, pero sen turistas de fóra de Galicia.
As procesións este ano están nos escaparates. Os comerciantes cederon espazo para amosar a decoración propia da Semana santa.
Declarada de interese turístico internacional, a Semana Santa non é o único atractivo do lugar.
Unha visita que paga a pena.