CRTVG

Buscar

Viveiro recupera a mobilidade e a hostalaría

Publicado o 27/11/2020 20:25

En Viveiro os hostaleiros ultiman os preparativos para abrir de novo as súas portas. Son dos que máis agardaban deixar por fin o nivel 3 xa que a situación dos seus negocios era xa crítica. Agora ven con bos ollos a reapertura pero piden precaución.

Na rúa esta tarde notábase xa algo de alivio por recuperar certa normalidade e tamén pola boa evolución dos datos de contaxio.

Logo de tres semanas en nivel 3 Viveiro logrou baixar un chanzo grazas aos 14 positivos dos últimos 14 días, que lle permitiron descender dos 100 contaxios por cada 100.000 habitantes.

Noticias web

27/11/2020