Viveiro mobilízase polo futuro de Alcoa
Publicado o 03/11/2019 16:44
A Mariña de Lugo mobilízase polo futuro da planta de Alcoa en San Cibrao. Milleiros de persoas manifestáronse hoxe polas rúas de Viveiro na defensa do emprego.
A marcha, convocada polo comité de empresa e apoiada unanimemente por alcaldes e partidos de diferente signo político, quixo ser unha demostración máis da importancia que ten a factoría de Alcoa para o tecido industrial da bisbarra.
Igual que acontecera nas mobilizacións de Burela, San Cibrao e Xove, esta de Viveiro foi unha marcha multitudinaria. Demandan un prezo da enerxía máis barato que permita competir a Alcoa no mercado de aluminio en igualdade de concidicións con outros países da Unión Europea. A marcha rematou coa praza Maior de Viveiro ateigada de manifestantes.