Viveiro entra por cuarta vez no nivel máximo de restricións
Publicado o 30/12/2020 14:40
A covid-19 volve golpear Viveiro. Por cuarta vez está pechado perimetralmente. Cunha taxa acumulada a 14 días que supera amplamente a liña vermella marcada polas autoridades sanitarias, o comité clínico decidiu aplicar o nivel máximo de restricións.
Unha decisión que xa se agardaba ante a multiplicación de contaxios dos últimos días, pero que non por iso causou menos desánimo entre a poboación.
Desalento entre os hostaleiros, que volven ter restrinxida a ocupación. Só 50 por cento e nas terrazas.
Excepcionalmente, ao igual que no resto de Galicia, permitirase a mobilidade fóra do concello para encontros familiares dende hoxe ata as once da noite do primeiro de ano.