CRTVG

Buscar

Viveiro énchese de ambiente roqueiro coa nova edición do Resurrection Fest

Publicado o 02/07/2019 14:25

Todo listo en Viveiro para unha nova edición do Resurrection Fest, que agarda superar este ano os 100.000 espectadores. Os concertos comezan mañá, pero os máis madrugadores enchen xa de ambiente rockeiro unha localidade con cheo total nos seus hoteis, ao igual ca noutros concellos limítrofes.

Chegan a Viveiro desde todos os recunchos de España e doutros 43 países para disfrutar do Resu máis multitudinario e internacional. O Resurrection Fest cumpre 14 anos batendo records. Por primeira vez vai superar os 100.000 espectadores, vai xerar n volume de negocio de 10 millóns de euros e encheu xa todos os aloxamentos de Viveiro e concellos limítrofes. O festival comeza mañá pero os máis madrugadores chegaron xa a pasada fin de semana, e agora agardan que pare a chuvia.

O crecemento do Resu levouno a ampliar tamén o recinto, con novas zonas, un cuarto escenario e un programa de actuacións dos estilos máis diversos.

Entre o mércores e o sábado poderemos disfrutar de cen bandas, entre as que destacan King Diamond, Slipknot ou Slayer.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019