Viveiro celebra o Mercado Renacentista
Publicado o 12/07/2019 22:12
O centro histórico de Viveiro réndese ao mercado renacentista. A vila mariñá convértese en decorado dunha festa histórica que se prolonga toda a fin de semana e que ten nos postos do mercado un dos seus puntos fortes.
Case un cento de postos participan nesta festa. A mercadoría que se pon á venda é do máis variopinta. O mercado, que se celebra desde hai doce anos, incorpora novidades en cada edición. Desta volta é unha representación da chegada do emperador a Viveiro. Coa vista posta na seguinte edición, o Concello aspira a conseguir a declaración de festa de interese turístico.