CRTVG

Buscar

Viveiro, Burela e Foz seguen en nivel máximo de restricións malia que descenden os casos na Mariña

Publicado o 07/08/2021 14:50

Baixada significativa de casos de coronavirus na Mariña. Rondan os seiscentos positivos, que se concentran nos concellos de Viveiro, Foz e Burela. Os tres continúan en nivel máximo de restricións.

A finais de xullo, en plena quinta vaga de coronavirus, na Mariña rexistrábanse 800 casos, a cifra máis alta desde o comezo da pandemia.

Os casos van baixando en case tódolos concellos da comarca. Desde hoxe Xove está en nivel alto. Non hai que confiarse porque a incidencia continúa sendo alta. por encima dos cincocentos casos por cen mil habitantes.

A quinta vaga de coronavirus tamén afectou desta volta aos maiores. Hai nove casos en residencias da Mariña.

Noticias web

07/08/2021