Viveiro, Arteixo e Xinzo viron nos últimos días como se disparaba a incidencia
Publicado o 19/01/2021 14:52
Suspendida toda actividade non esencial e completamente pechada a hostalería. O avance dos contaxios, a elevada incidencia por riba de 1.000 e moita poboación nestes concellos motivou que Sanidade decidira aplicar medidas máis drasticas en Arteixo, Viveiro e Xinzo.
Son os tres concellos coa peor evolución de Galicia. En Arteixo a incidencia acumulada duplicouse amplamente nunha semana. Cifras parecidas en Viveiro e en Xinzo, onde esta fin de semana se realizou un cribado masivo.
Cunha incidencia acumulada catro veces superior ao límite recomendado fixado pola Organización Mundial da Saúde, Sanidade pide un esforzo adicional aos habitantes de Arteixo, Xinzo e Viveiro para frear a preocupante escalada de contaxios.