CRTVG

Buscar

Vitorias do Pontevedra e o Rápido, empata o Coruxo e caen o Celta B e o Fabril

Publicado o 25/03/2019 18:04

Pontevedra C. F. 2 - C. D. Guijuelo 1
Na segunda b, a xornada estivo marcada polas vitorias agónicas e necesarias. Foi o caso do Pontevedra, invicto en Pasarón, que se impuxo por 2-1 ao Guijuelo e sitúase a catro puntos da promoción de ascenso. Os de Luismi remontaron no minuto 85, grazas ao gol de Rivera, que acababa de entrar no campo.

Rápido de Bouzas 2 - Fabril 1
Máis emoción houbo no Vao coa vitoria no tempo engadido do Rápido de Bouzas sobre o Fabril. O gol de Youssef afunde o filial do Deportivo e permítelles aos vigueses soñar con acadar a praza para xogar pola permanencia. Están a cinco puntos a falta de oito xornadas.

Leonesa 3 - Celta B 1
Pola zona baixa está tamén o Celta B, con tres puntos de vantaxe sobre os postos de descenso, tras perder co líder, a Leonesa por 3-1.

Coruxo 2 - SS Reyes 2
E o Coruxo logrou un empate a dous agridoce. Xa que tras dominar o encontro durante moitos minutos acabou deixando escapar dous puntos no instante final.

Aythami marca catro goles co Compostela

O Compostela goleou o Porriño industrial. Cinco a cero en San Lázaro. Catro goles levaron a sinatura deste home, de Aythami. 17 tantos leva Aythami e o Compostela está a un só punto do liderado. 

E na loita pola cuarta praza apunten o Choco. Os de Rendondela gañaron no feudo do Alondras con este gran gol de Gabri Palmás. O Choco queda a cinco puntos da cuarta praza. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2019