CRTVG

Buscar

Vitoria sufrida e pola mínima do Celta B ante o Zamora

Publicado o 02/10/2021 10:31

A xornada dos galegos na 1RFEF abriuna o Celta B, en Balaídos, ante o Zamora.

Vitoria un tanto sufrida dos locais por un gol a cero. O tanto chegou logo dun erro do defensa do Zamora Íñigo Piña, rouba Gabri Veiga que deixa a Cedric para que marque a porta baleira. Era o minuto 32. Apertou o Zamora no segundo tempo e obrigou a lucirse a Gaizka Campos.

O filial celeste rematou con dez, expulsión do goleador Cedric por dobre cartón amarelo. O porteiro zamorano subiu para botar a última falta do partido. Campos volveu frustrar a ocasión e así rematou o encontro. Terceira vitoria dos de Onésimo, quer malia o triunfo non estaba contento:

"Para min non estivo acertado, agora mesmo no fútbol é cartón calquera cousa. Non é normal que rematemos cun xogador menos e 6 ou 7 tarxetas".

 

Noticias web

02/10/2021