CRTVG

Buscar

Vitoria épica do Breogán diante do Palencia

Publicado o 01/02/2020 22:36
Arco e Cristian Díaz foron decisivos para a vitoria

Espectacular o partido que protagonizaron o Leite Río Breogán e mailo Palencia no Pazo dos Deportes. Gañaron os lucenses un partido no que tiveron desvantaxe durante moitos minutos.

Foi decisivo o concurso de Salva arco, que aportou 18 puntos no primeiro tempo, puntos que sistiveron os eu equipo que perdía por 5 no descanso (41-46). Ademais, Arco anotou un 2+1 moi importante no último minuto de partido.

Pero o home do partido foi Cristian Diaz, que se recuperou dunhas pésimas semanas a nivel persoal, de xogo e confianza. Fíxoo ademais cando máis o precisaba o seu equipo, con Soluade e Ahonen lesionados, este último de longa duración, Díaz anotou 16 puntos, case todos na segunda metade e sobre todo logrou a canastra definitiva, o que foi o 75-74 final.

O Palencia, que amosou en lugo a súa fortaleza, tivo unha última oportunidade pero o experimentado Jasaitis errou un lanzamento que non tocou aro.

O Breogán, nunha situación compliada, recupera o oprtimimo diante dun rival directo.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/02/2020