CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Vitoria do Leyma e derrota do COB na LEB Ouro

Publicado o 07/10/2017 15:15









O primeiro partido de Gustavo Aranzana co Leyma en Riazor concluíu con éxito. O técnico avisa das dificultades.



Esa primeira guerra caeu do lado coruñés grazas ao soldado Jonathan Gilling. O ex-breoganista estivo perfecto, 22 puntos, 4 de 5 en triplas, e 7 rebotes. Unha canastra súa no último minuto venceu a resistencia do Araberri.

Mentres, en Ourense, a mirada cara ao baleiro de Gonzalo García de Vitoria evidencia o traballo que lle queda por diante.



O Río Ourense Termal remontou 18 puntos no último cuarto. E puido forzar a prórroga nesta acción. Con dous arriba para o Clavijo, erra Coggins o lanzamento e o contraataque culmina nunha acción na que Reggie Johnson non culmina a bandexa. Foi o epílogo á remontada dun equipo con dúas caras.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí