CRTVG

Buscar

Vitoria do Breogán e derrotas de Marín e COB

Publicado o 19/01/2020 11:38
Comezou a segunda volta na LEB Ouro

Volveu o Leite Rio Breogán ao camiño das vitorias na xornada inaugural da segunda volta na LEB Ouro. Derrotou con claridade o Castellón, nun magnífico partido en defensa e rebote e con actuacións destacadas. Marshawn Powell foi o mellor con 19 puntos e 7 rebotes, pero tamén salientaron a dirección e anotación do base Soluade. Os celestes marcaron diferenzas xusto antes do descanso cun 12-0 e despois viviron con tranquilidade.

Coa vitoria, o Breogán refíxose do traspés da pasada semana diante dun Almansa que segue castigando aos galegos. Nesta xornada triunfou en Ourense, nun partido que comezou ben para o COB, con accións espectaculares da última incorporación, Yankuba Sima. Pero os visitantes refixéronse e foron mellores. Salientou Jonathan Gilling co seu acerto exterior e castigando as perdas de balón dos ourensáns.

Perdeu tamén o Marín Peixegalego, mais nin un pero se lle pode poñer xa que lle faltou ben pouco para sorprender ao líder Valladolid. Estreouse con boas maneiras a última incorporación, Sango Niang. O senegalés aportou 16 puntos pero o combustible do Marín esgotouse a seis minutos do final. Con cinco de vantaxe, recibiu un parcial de 0-13 que decantou o desenlace. O baixiño Kimbal Mackenzie afastou a sorpresa da Raña

Noticias web

19/01/2020