CRTVG

Buscar

Vitoria de Marc Márquez na despedida de Jorge Lorenzo

Publicado o 18/11/2019 11:03

A última proba do Mundial de Moto GP de Valencia deixounos tres imaxes.

A primeira foi  a despedida de Jorge Lorenzo. Baixa da moto con cinco mundiais, 297 carreiras, 68 delas gañadas, e 69 poles.

Tamén houbo un tremedo accidente de Johan Zarco. O francés abnadonaba a pista cando foi arrollado violentamente pola moto do debutante Iker Lecuona que caeu no mesmo lugar. Zarco deu un mortal no aire e caeu de mala maneira. As primeiras exploracións indican que non ten lesións de gravidade.

E, por último, temos unha nova vitoria de Marc Márquez. Adiantou a Fabio Quartararo e marchou en solitario ata a vitoria. Agora agarda por saber o nome do seu compañeiro de equipo que podería ser o seu irmán Álex Márquez que rematou o campionato polo chan do circuíto Ricardo Tormo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019