CRTVG

Buscar

Desaloxan as vítimas da colza que se pecharon no Prado

Publicado o 19/10/2021 11:27
Desaloxan as vítimas da colza que se pecharon no Prado

Un grupo de vítimas da colza pechouse este mércores no museo do Prado e ameazaron con "executar en directo o descanso eterno" se o presidente do Goberno non atende as súas demandas. Aseguraron que "pasadas seis horas comezarían a inxerir pastillas".

As seis persoas, dúas delas detidas, permanecían illadas na sala das Meninas, que foi o lugar onde se produciu o peche. Foi o serviz de seguridade quen os desaloxou.

Entre as súas reivindicacións están a reparación moral e homenaxe de dignidade e respecto como acto de Estado, o recoñecemento como vítimas ás súas familias, incluír os gastos de calquera tratamento ou terapia médica ou a activación e actualización relativa á investigación.

Este peche produciuse cando fai 40 anos do seu envelenamento co aceite de colza.

Noticias web

19/10/2021