Viticultores de Beade piden batidas para controlar os xabarís
Publicado o 15/07/2021 15:07

Viticultores do concello ourensán de Beade denuncian os estragos que causan os xabarís nos viñedos máis novos.
Aseguran que levan dous meses padecendo os ataques continuos dos porcos bravos e que os axentes medioambientais xa tramitaron polo menos unha decena de denuncias. As uvas aínda están verdes, pero os xabarís fozan na terra e causan danos nas cepas, ás veces irreversibles. POr iso pídenlle á Xunta que autorice batidas.