CRTVG

Buscar

Visto para sentenza o xuízo contra tres membros de La Manada por furto

Publicado o 10/09/2019 15:00

Visto para sentenza o xuízo contra tres dos membros de La Manada do San Fermín por roubar unhas lentes de sol nunha óptica de San Sebastián nos días previos á violación grupal dunha moza en que tomaron parte en Pamplona.

O seu avogado admite que José Ángel Prenda, Ángel Boza e o ex-garda civil Antonio Guerrero cometeron un delito leve de furto por valor duns trescentos euros. Con todo, non chegou a ningún acordo coa Fiscalía, que pide para Prenda e Guerrero 9 meses de cadea e seis para Boza, que posteriormente devolveu as lentes subtraídas.

Os tres acusados declararon por videoconferencia desde prisión.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019