CRTVG

Buscar

Visto para sentenza o xuízo contra o ex-director de banco acusado de apropiarse de 1,5 millóns de euros

Publicado o 19/09/2019 14:38

Quedou visto para sentenza o xuízo contra o ex-director de banco que supostamente se apropiou de máis de 1,5 millóns de euros dos seus clientes. Hoxe declararon os peritos e léronse as conclusións.

A fiscalía pídelle seis anos de cadea polos supostos delitos de apropiación indebida e falsidade documental. A acusación exercida polo banco solicita por estes delitos nove anos. O acusado negou os feitos. Asegurou que nunca se apropiara dos cartos dos seus clientes ao longo dos 24 anos nos que traballou nesta entidade. Aclarou que sufría presións dos seus superiores para cubrir descubertos e mesmo que puxera cartos do seu patrimonio para cubrir números vermellos.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019