CRTVG

Buscar

Visto para sentenza o xuízo contra dous mozos de Vilagarcía acusados de violar unha amiga

Publicado o 26/03/2019 19:59

Visto para sentenza o xuízo contra dous mozos de Vilagarcía acusados de agredir sexualmente unha amiga.

Os feitos aconteceron no mes de maio de 2013 e case seis anos despois a vítima conseguiu contestar a duras penas as preguntas do fiscal. Interrompendo a declaración por momentos, relatou que os dous procesados eran amigos dela, un deles desde os tres anos, e que a noite en que a agrediron quedaran para facer botellón na vivenda do outro antes dun concerto.

Á volta, xa de madrugada, dixo que adormecera e que cando espertou a estaba violando o que consideraba o seu mellor amigo, mentres o outro a agarraba dunha man e intentaba que lle fixese unha felación.

Os dous procesados negaron as acusacións e manifestaron que as relacións sexuais foron consentidas. Inicialmente, o fiscal pide catorce anos de cárcere para un deles e nove para o outro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2019