CRTVG

Buscar

O avogado dos Quer cre que o intento de secuestro de Boiro será clave

Publicado o 02/04/2019 09:45

Nesta audiencia preliminar, que se prolongou durante unha hora, a acusación particular pediu unha proba grafolóxica que demostraría que o Chicle foi o autor dunha carta enviada desde a prisión en que bota contas de estar fóra en sete anos.

Para o avogado da familia Quer, o xuízo que se vai celebrar a semana que vén en Santiago e no que Xosé Enrique Abuín Gey deberá responder polo intento de secuestro da moza de Boiro que desencadeou a súa detención, será clave para fundamentar o caso de Diana, entre outras cousas polo modus operandi, similar en ambos os dous casos.

A esta audiencia previa tamén acudiu a avogada do Chicle, designada pola quenda de oficio. Na súa primeira comparecencia ante os medios de comunicación, pediu respecto ao dereito de defensa.

Con esta audiencia de hoxe, dáse por concluída a fase intermedia do procedemento xudicial e iníciase a derradeira: a apertura do xuízo oral. Será a sección sexta da Audiencia Provincial, en Santiago, a que poña data para o xuízo que, previsiblemente, se fará con xurado popular.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/04/2019