CRTVG

Buscar

O Tribunal Superior de Xustiza analiza a apelación polo asasinato de Ana Enjamio

Publicado o 07/07/2020 08:51

O asasinato de Ana Enjamio volve aos xulgados. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acolle hoxe a vista de apelación de César Adrio, condenado a trinta anos de cadea polo crime.

A defensa, como xa fixera no primeiro xuízo, volve solicitar a libre absolución. O condenado asistirá por videoconferencia dende o cárcere da Lama. 

Segundo a resolución contra a que recorre, Adrio matou a moza a coiteladas tras a cea de empresa de nadal polo seu sentimento de machismo e dominación cara a ela. Mantiveran unha relación sentimental cuxa ruptura non aceptaba o acusado, que foi sentenciado por asasinato, acoso e vulneración da intimidade. 

 

Noticias web

07/07/2020