Visitas virtuais aos museos no Día Mundial da Arte
Publicado o 15/04/2020 17:51
Nin a grande imaxinación de Da Vinci daría para unha distopía como a que estamos vivindo. Pero a grandes males, grandes propostas. Se queren saír poden facelo e entrar, por exemplo, nas salas do Gaiás. Códices, mapas, pezas que relatan vitorias, derrotas, aventuras, 600 anos de histoira en Galicia un relato no mundo. Máis de 300 pezas que compoñen unha das grandes mostras do Xacobeo e que agora podemos visitar ou revisitar.
Arte para sacarnos do confinamento. Tamén Afundación, desde o seu portal dixital nos permite achegarnos ás súas coleccións. Non é mal día, por exemplo, para darmos un paseo entre as obras dos artistas galegos do último século.