CRTVG

Buscar

Visitas teatralizadas ao cemiterio de Lugo

Publicado o 15/09/2019 21:11

Veñan ao cemiterio e bailen; veñan ao cimiterio e marabíllense coa arquitectura dun espazo tan especial; emociónense e aprendan coa vida e a obra dos que aquí descansan.
Hoxe, Achádego teatro contounos moito sobre os pintores de Lugo.

A autora do cadro da escola de Doloriñas, Xulia Minguillón, que está soterrada en Madrid, visita este camposanto e vainos guiando polas sepulturas dalgúns dos pintores lugueses.

Son visitas teatralizadas que se van anovando. Primeiro fíxose cos arquitectos. Un pretexto para menter o cemiterio vivo.

Tamén é un xeito de lembrar vidas, de aprender. Para público e actores.

Con estas visitas volve a vida ao cemiterio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/09/2019