CRTVG

Buscar

Visitas guiadas á Catedral: poderán facerse pola noite a partir da vindeira semana

Publicado o 06/08/2021 17:52
Visitas guiadas á Catedral: poderán facerse pola noite a partir da vindeira semana

A Catedral de Santiago é sen dúbida un dos principais reclamos da capital galega. Cada ano recibe numerosas visitas. Pero hai novidades, a partir do próximo martes, 10 de agosto, permitiranse as visitas guiadas pola noite. O obxectivo é dar a coñecer os traballos de restauración e conservación que se fixeron nos últimos anos. Así o comunicou a Fundación Catedral de Santiago.

A visitas poderán facerse de luns a sábado en dúas quendas: unha de 22:30 a 23:00 h, agás os venres, que so se fará a visita das 23:00 h.

En cada quenda haberá un grupo de 25 persoas, acompañadas dun guía oficial de turismo. A duración de cada visita será de hora e media e terá cun custo de 25 euros por persoa.

Máis sobre Santiago de Compostela